OFERTA DE EMPREGO:
PERSOAL DE VIVEIRO E ATENCIÓN AO PÚBLICO
OBXECTIVO
Estamos a ampliar o noso equipo e buscamos unha persoa responsable, con ganas de aprender e desenvolverse no sector do viveirismo. Precisamos alguén polivalente, cunha actitude positiva, que desfrute do traballo en equipo e poida asumir tanto tarefas de atención ao público como labores de mantemento, colocación de planta e preparación de pedidos.
TAREFAS
- Atención ao cliente e asesoramento sobre plantas e o seu coidado.
- Organización e coordinación das tarefas do viveiro.
- Manexo de caixa rexistradora e cobros (efectivo e tarxeta).
- Recepción de mercadorías, etiquetado, altas de produtos e control de stock.
- Elaboración de albaráns e orzamentos.
- Realización de pedidos de planta.
- Tarefas xerais de mantemento do viveiro: transplante, rega, avivado, control de pragas e enfermidades, etc.
REQUISITOS
- Experiencia mínima de 1 ano nun posto similar.
- Habilidades comerciais e comunicativas.
- Coñecementos de ofimática (Outlook, Word, Excel, PowerPoint).
- Carné de manipulador/a de produtos fitosanitarios.
- Carné de conducir tipo B.
- Dispoñibilidade para traballar na zona de Bergondo.
Valorarase:
- Formación en xardinería, viveirismo ou áreas afíns.
- Actitude proactiva e orientación ao cliente.
OFRECEMOS
- Contrato temporal con posibilidade de estabilidade e consolidación do posto.
- Xornada completa (40 h/semana).
- Oportunidades de promoción interna.
- Ambiente de traballo próximo e dinámico.
- Incorporación inmediata.
Se che interesa, envía a túa candidatura e únete ao noso equipo: rrhh@paideia.es Asunto: Oferta Viveros Borrazás